miércoles, 2 de julio de 2014

Bueno, agora si que chegou a hora da despedida!!!!., o curso rematou fai días.., e xa estamos tod@s disfrutando das vacacións!!!!. Solo quero dende aquí dar as gracias a todos os meus nenos e nenas.., decir que gracias a eles aprendin, disfrutei e vivín un montón de cousas que xa vou levar sempre conmigo.., son xeniales tod@s!!!!! Dar tamén as gracias ás familias, pola súa colaboración, comprensión, axuda..., penso que cando se traballa en armonía os resultados sempre son moito máis positivos. Xa para rematar dar as gracias a todas as miñas compañeiras...,por ensinarme tanto, compartir conmigo as súas experiencias, coñecementos etc..., gracias a elas a estancia a tantos kms da miña casa foi un pouco máis levadeira!!!!!. Bueno, igual é unha despedida definitiva ou non.., en Setembro sabremos. Gracias a tod@s!!!!. Feliz veran.

lunes, 23 de junio de 2014

Ola amigos/as. Xa rematamos o curso.., que ben o pasamos, canto aprendemos e que rápido pasou o tempo!!!. Aínda non vai ser a última entrada que faga neste blog, polo tanto non me despido de momento!!!. Polo de agora deixovos unhas fotos das dúas últimas semanas, nas que celebramos, por un lado, os cumples dos nen@s que cumplen cando non hai cole: Brais, Érick e Lucía..., e por outra banda, o cumple de Mateo e o de Bryan, que celebramos na última semana de cole. Pasámolo xenial.., trouxeron uns postres e unhas lambetadas riquísimas.., cantamos e bailamos un montón!!!!! MOITÍSIMAS FELICIDADES A TOD@S!!!!!!

martes, 3 de junio de 2014

Boas!!!!, xa era hora de publicar as fotos da excursión a Santiago!!!. Foi unha saída increíble, pasámolo moi ben e vimos moitos sitios moi interesantes. En primeiro lugar visitamos a Cidade da cultura, o Gaías, onde nos estiveron ensinando unha exposición sobre a auga, na que había moitas esculturas moi extrañas que nos chamaron moito a atención, coñecemos a súa mascota, fixemos un taller etc... Máis tarde fomos ata Santiago e recorremos as súas fermosas rúas, facendo un trociño do camiño de Santiago, e gañando así a "compostelana".., paseamos arredor da catedral e vimos algún personaxe "raro" .., xa o veredes nas fotos!!!!.Logo de comer e xogar un rato entramos na catedral!!!, que grande e impresionante é!!!!. A verdade é que foi unha excursión xenial!!!!. Foi unha pena que o noso Mateo non se animase a vir, seguro que o ía pasar moi ben!!!!

miércoles, 21 de mayo de 2014

Ola de novo!!!. A semana pasada celebramos o cumpleanos de Martín, que xa ten 4 aniños, FELICIDADES!!!!. A súa nai trouxonos unha tarta riquísima, ademáis de zumes, lambetadas..., para rematar cantamos e bailamos todos!!!, Todo estaba riquísimo e pasámolo xenial. Deixovos aquí unhas fotos!!!!

jueves, 24 de abril de 2014

Bos días!!!!, de regreso despois de un tempo co blog un pouco abandonado!!!. A primavera chegou a Cundíns, e con ela recibimos na nosa escola a unha nova compañeira, Lucía, unha alumna que se integrou perfectamente con todos, e a que recibimos con moita alegría e cariño.., benvida LUCÍA!!!!. Deixovos unhas fotos de moitas cousas que fixemos nas últimas semanas do trimestre: o mural da primavera, as portadas, plantamos amorodos etc..., esperamos que vos gusten moito!!!!!

sábado, 8 de marzo de 2014

Entroido

Ola de novo!!!!, xa estamos de volta despois duns días de descanso!!!!. Como xa sabedes, estamos traballando nun proxecto sobre o mar, por iso, este foi o tema elexido para o noso disfraz. Traballamos moito facendo os peixes e o resto da decoración dos nosos traxes, pero o esforzo mereceu a pena, porque nos quedaron moi bonitos!!. A celebración do entroido foi unha festa moi divertida, na que nos xuntamos cos nenos/as das outras escolas, bailamos unha canción, degustamos os doces que as familias nos trouxeron, demos un paseo por Cabana..., aquí vos deixo un pequeno resumo. :)

Entroido - diapositivas

miércoles, 5 de febrero de 2014

Olaaaa a tod@s!!!!, nestas últimas semanas estivemos moi ocupados..., fomos ao Palacio da Ópera da Coruña,  ao acuario, e celebramos o día da paz cos nenos e nenas do Cpi As Revoltas..., foron uns días moi emocionantes.., encantounos a saída ao acuario a pesar de que non vimos as focas por culpa do temporal :(. O día da paz tamén o pasamos xenial, fixemos moitos talleres nos que  traballamos co conto de Elmer, fixemos puzzles, cancións, coñecemos e pintamos a Nelson Mandela, caretas, origami etc.., finalmente tiramos unha botella cunha mensaxe de paz ao mar.., deixovos un pequeno resumo de todos estes días!!!!